Entradas

O NOSO SUPERMERCADO

Imagen
 Para rematar o tema do tempo e cartos, montamos unha especie de supermercado na clase...Seguro que se puidesemos levar produtos de verdade (de verdade...máis ben xoguetes) para poder facer ben os intercambios entre compradores e vendedores, sería máis divertido. Pero as circunstancia co Covid19 son as que son...aínda así, creo que os rapaces e rapazas gozaron moito desta actividade de repaso.

PROXECTO CORPO HUMANO: AS NOSAS MAQUETAS

Imagen
 Para seguir traballando o corpo humano e repasar algúns dos contidos vistos na clase, o alumnado da nosa clase fixo unhas estupendas maquetas sobre os aparatos que temos no noso corpo. Mirade que bonitas!

TRABALLO EN EQUIPO: A POBOACIÓN

Imagen
 Para traballar sobre o tema 4 de Ciencias Sociais, deixamos a un lado os libros, os esquemas, as libretas...e deixamos paso a un traballo en grupo: búsqueda de información, reparto de tarefas, decisións sobre a presentación, exposición oral... O alumnado da nosa clase fixo un moi bo traballo e gozou dunha maneira diferente de aprender!

XOGOS NO PATIO

Imagen
Hoxe repasamos os contidos de Lingua castelá: palabras compostas, suxeito e predicado, clasificación de palabras en agudas, graves e esdrúxulas, xénero e número, dunha maneira diferente. Dividímonos en grupos, baixamos ao patio e coas mans ben desinfectadas, fomos rotando para que os cinco grupos puideran realizar os diferentes xogos. Como vedes nas fotos: aire libre, máscaras, distancia entre grupos e moita diversión.