Entradas

Mostrando entradas de noviembre, 2020

25 NOVEMBRO

Imagen
 O 25 de novembro é un día especial que, en realidade, non debería ter por que conmemorarse... Nesta ocasión, decidimos traballar esta temática a través da visualización do vídeo "Caperucita dice no", que podedes ver aquí: A raíz do conto, tivemos unha conversa na aula moi interesante sobre a importancia de respectarnos entre todos e todas, respectar os gustos e preferencias dos e das demais, e de como unha muller ou un home pode sentirse xulgada/o. Tamén decoramos a nosa aula: E fixemos uns farolillos para contribuir ao lema do centro para conmemorar este día, "Que ninguén apague a túa luz". Por aquí vos deixo algún deles:

O MAGOSTO

Imagen
Este ano a situación sanitaria provocada polo covid non nos impediu celebrar o magosto. Gracias á colaboración e axuda da ANPA do centro, puidemos degustar unhas deliciosas castañas. Fixemos o "cucurucho" de xornal na aula, baixamos a recollelas e voltamos de novo á clase para tomalas alí.  Aquí vos deixamos a única foto que puidemos sacar neste día!