Entradas

Mostrando entradas de enero, 2021

DÍA DA PAZ

Imagen
 Hoxe, 30 de xaneiro, celébrase o Día escolar da Non Violencia e a Paz e nós aproveitamos o día de onte para conmemoralo. En primeiro lugar, colaboramos na elaboración do gran rosco do alfabeto para o mural da entrada do colexio. Tocáronnos letras un pouco complicadas para pensar palabras relacionadas pero...conseguímolo: - Para a letra N ocorréusenos poñer: NINGUNHA GUERRA . - Para a letra Ñ puxemos: COMPAÑEIRISMO . - Para a letra V decidimos poñer: NON VIOLENCIA . E...así quedou o rosco entre todo o alumnado do centro: Por outro lado, nesta semana na clase tamén fixemos algunhas actividades para conmemorar este día: - Escribimos unhas cartas sobre que é para nós a Paz e que podemos facer para que haxa máis paz na nosa clase. As botamos no noso buzón de correos e o próximo luns as leremos todos xuntos. - Realizamos un " bingo da paz " que a verdade foi todo un éxito.  - Cantamos e bailamos a canción de Juanes "Paz, paz, paz". - Lemos entre tod@s o conto "Quier

VISITA DOS REIS MAGOS

Imagen
O pasado 22 de decembro recibimos a visita dos Reis Magos de Oriente no noso centro. Falamos un pouco con eles, entregamos as nosas cartas no buzón e...hoxe xa chegan!  Agardo que vos traian o que pedides e que neste 2021 vos portedes moi ben dentro e fóra do colexio.  Moitos bicos a todos e todas, vémonos moi cedo!

FESTIVAL NADAL 2020

Imagen
 Boas tardes a tod@s! Este ano tivemos que adaptarnos ás circunstancias e celebrar un festival de Nadal moi diferente ao doutros anos...Cada clase grabou a súa actuación, xuntáronse todas e o 22 de decembro cada titoría visualizou o festival na aula cos rapaces e rapazas. Nós quixémolo facer dunha maneira algo diferente para facelo máis ameno e entretido. Así que por aquí vos deixamos a nosa actuación. Se as queredes ver todas, idea á páxina web do cole (https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipviladerutis/) e visualizade o vídeo completo de novo. PD: Agardo que esteades a pasar uns felices días de Nadal coas vosas familias, cumprindo as normas e cargando as pilas para o segundo trimestre. Feliz 2021!