Entradas

Mostrando entradas de febrero, 2021

ROBÓTICA: COMEZAMOS!

Imagen
 Ola familias! O venres pasado comezamos cunha nova actividade que realizaremos, sempre que se poida semanalmente ou semanas alternas: A ROBÓTICA! Imos axudarnos dela para repasar diferentes contidos que vaiamos traballando na clase: cálculo, ortografía, gramática, ciencias...É unha maneira marabillosa de repasar e seguir aprendendo! A nosa primeira actividade cos robots foi sobre: operacións matemáticas. Que tocará esta semana? En próximas entradas o veredes!

ENTROIDO

Imagen
 Ola familias! Este ano vivimos un entroido moi diferente ao que estamos acostumados... É unha bágoa que non tiveramos festival de entroido e degustación de postres típicos do entroido galego como outros anos. Aínda así, no colexio soou todos os días música "carnavalera" á entrada e á saída, para subir un pouco os ánimos. Ademais, durante toda a semana seguimos as instruccións do Meco: traer algo na cabeza, no pescozo, na cintura, nos brazos e nos pés. Por último, participamos no concurso de antifaces e máscaras. Para iso, cada un/unha realizou o seu propio deseño de anteface e de máscara, para despois facer uso da democracia e decidir entre todos/as cal sería entregado para o concurso. Desta maneira, cada un/unha tivo o seu propio anteface e máscara. Por aquí vos deixo unhas fotiños. Agardamos que vos gusten! E esperamos que o próximo ano volvan as celebracións de antes!