Entradas

Mostrando entradas de octubre, 2020

O SAMAÍN

Imagen
Este ano o Samaín o celebramos un pouco diferente a outros anos...debido á situación provocada polo covid non puidemos realizar unha celebración conxunta co resto de clases como outros anos...Pero, aínda así, non nos podemos queixar! Ao longo da semana, entre todos e todas, fomos decorando a porta de clase e...ao final quedou moi chula! Outra actividade que gustounos moito foi...elexir o epitafio da nosa tumba! Cada un trouxo anotada a súa idea, escribímolas na pizarra e...votamos! Saiu gañador o epitafio de Xabi: "Estaba xogando ás agochadas co meu avó, por fin o atopei", non me digades que non é bo! Tamén traballamos e colaboramos para facer a nosa lápida, quedou moi sanguenta...pero xenial! Elaboramos o noso libro do medo...inventamos un monstro, unha pócima máxica e un conxuro, entre outras cousas! O xoves aproveitamos a hora de matemáticas para resolver algúns problemas relacionados co Samaín! O fixemos a través dun concurso súper guai que vos deixo por aquí por se quere