Entradas

Mostrando entradas de marzo, 2021

XOGOS NO PATIO

Imagen
Hoxe repasamos os contidos de Lingua castelá: palabras compostas, suxeito e predicado, clasificación de palabras en agudas, graves e esdrúxulas, xénero e número, dunha maneira diferente. Dividímonos en grupos, baixamos ao patio e coas mans ben desinfectadas, fomos rotando para que os cinco grupos puideran realizar os diferentes xogos. Como vedes nas fotos: aire libre, máscaras, distancia entre grupos e moita diversión.

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

Imagen
 Hoxe, 8 de marzo, conmemórase o Día internacional da muller.  Este día non debería ser unha celebración pero aínda nos queda moito camiño por diante... Na nosa clase quixemos gravar uns vídeos falando das mulleres máis importantes das nosas vidas. E...queridas "mamás", sodes sen dúbida as grandes protagonistas deste día para os vosos e vosas peques.  Gozade do vídeo!

PROXECTO CLIMA E TEMPO ATMOSFÉRICO: PARTE METEREOLÓXICO

Imagen
 Desde as voltas das vacacións de Nadal estivemos traballando en Ciencias Sociais sobre o clima e o tempo atmosférico.  Aprendimos moitas cousas novas e...como produto final, presentámosvos os partes metereolóxicos que fixemos.  Aínda nos queda moito por mellorar na expresión oral...A cámara púxonos bastante nerviosos...e tivemos que recorrer, na maioría, a ler o noso guión. E...mirar a cámara...misión case imposible. E, ademais, o galego non é o noso... Pero non vos preocupedes, aínda temos outro trimestre máis por diante no que seguiremos mellorando. Aquí tedes o enlace a drive para poder ver o vídeo...A profe Marta daravos permiso cando pinchedes, xa que o vídeo é moi longo e non se puido subir doutra maneira. Moitos bicos! PARTE METEREOLÓXICO