O SAMAÍN

Este ano o Samaín o celebramos un pouco diferente a outros anos...debido á situación provocada polo covid non puidemos realizar unha celebración conxunta co resto de clases como outros anos...Pero, aínda así, non nos podemos queixar!

Ao longo da semana, entre todos e todas, fomos decorando a porta de clase e...ao final quedou moi chula!


Outra actividade que gustounos moito foi...elexir o epitafio da nosa tumba! Cada un trouxo anotada a súa idea, escribímolas na pizarra e...votamos! Saiu gañador o epitafio de Xabi: "Estaba xogando ás agochadas co meu avó, por fin o atopei", non me digades que non é bo! Tamén traballamos e colaboramos para facer a nosa lápida, quedou moi sanguenta...pero xenial!


Elaboramos o noso libro do medo...inventamos un monstro, unha pócima máxica e un conxuro, entre outras cousas!


O xoves aproveitamos a hora de matemáticas para resolver algúns problemas relacionados co Samaín! O fixemos a través dun concurso súper guai que vos deixo por aquí por se queredes xogar na casa!

E...o venres, fixemos un xogo que nos gustou moito! Un bingo co que practicamos as horas dixitais! Aquí tedes aos catro gañadores!

Tamén xogamos ao tabú do samaín e vimos un trociño dunha peli de Harry Potter pero...diso non temos fotos!

Para rematar, recibimos a visita do Papón, que veu contarnos o seu conto! Foi moi divertido!




Xa agardamos a próxima celebración! 


PD: Se ides á páxina web do cole ou a blog do EDLG, atoparedes un vídeo recopilatorio de fotos coas actividades de todas as clases do cole. Seguro que vos gusta!












Comentarios

Entradas populares de este blog

DÍA DA PAZ

PROXECTO CLIMA E TEMPO ATMOSFÉRICO: PARTE METEREOLÓXICO

XOGOS NO PATIO