ENTROIDO

 Ola familias!

Este ano vivimos un entroido moi diferente ao que estamos acostumados... É unha bágoa que non tiveramos festival de entroido e degustación de postres típicos do entroido galego como outros anos. Aínda así, no colexio soou todos os días música "carnavalera" á entrada e á saída, para subir un pouco os ánimos.

Ademais, durante toda a semana seguimos as instruccións do Meco: traer algo na cabeza, no pescozo, na cintura, nos brazos e nos pés.

Por último, participamos no concurso de antifaces e máscaras. Para iso, cada un/unha realizou o seu propio deseño de anteface e de máscara, para despois facer uso da democracia e decidir entre todos/as cal sería entregado para o concurso. Desta maneira, cada un/unha tivo o seu propio anteface e máscara. Por aquí vos deixo unhas fotiños. Agardamos que vos gusten!

E esperamos que o próximo ano volvan as celebracións de antes!



















Comentarios

Entradas populares de este blog

DÍA DA PAZ

PROXECTO CLIMA E TEMPO ATMOSFÉRICO: PARTE METEREOLÓXICO

XOGOS NO PATIO